terça-feira, 13 de novembro de 2018

Na proxima sexta-feira dia 16 de Novembro 2018 a partir das 14 Colóquio Grande Guerra e Participação Portuguesa - Repercussões no Arquivo Municipal Sophia Mello Breyner de Gaia

Com a participação de Jorge Fernandes Alves, Miguel Brandão, Luis Alberto Marques Alves, J.A. Gonçalves Guimarães, Osvaldo Macedo de Sousa, Teresa Cirne e Sónia Ferreira. Eu falarei  sobre "A Grande Guerra no estilete dos caricaturistas".

segunda-feira, 12 de novembro de 2018

Puntadas sen fío - Franco sobrevoa a Almudena Por Siro



As máis das achegas novedosas que o politólogo Maquiavelo ofreceu aos Príncipes do Renacemento, son sabenzas que <veñen de serie> nos políticos actuais. Ningún ignora que a política non ten relación coa moral; que nunca faltan razóns para romper a promesa feita; que non paga a pena gañar pola forza o que se pode gañar pola mentira; que non é preciso ser virtuoso, pero é imprescindible semellalo; e tantas outras que, xuntas todas, se resumen na máxima <a fin xustifica os medios>, que Maquiavelo non escribiu, pero recolle fielmente a doutrina exposta no libro O príncipe, que dedicou a Lourenzo de Médicis no século XVI.
Pedro Sánchez sabe todo isto de pe a pa e coma un habelencioso prestidixitador sacou , de bóbilis, bóbilis, unha presidencia da chisteira. Porén, sospeito que o presidente non leu a Maquiavelo. Se o fixese, sabería que a virtú do político, da que tanto fala o florentino, é un conxunto de cualidades, nas que <prudencia e previsión> son especialmente importantes. Ante calquera conflito, o político de Maquiavelo infórmase, deseña a estratexia e actúa. Non dá xamais puntada sen fío. No conflito de Franco e o Val dos Caídos, o presidente entrou a saco e actuou sen información e sen estratexia. Nin sequera sabía que os Franco teñen mausoleo propio na Almudena e, ao descubrilo, ante a perspectiva de que o Invicto vaia ao centro de Madrid e as peregrinaxes de nostálxicos lle colapsen o tráfico a Carmena, quixo que llo resolvesen o bispo e o Vaticano. Alguén deberíalle advertir: -Tente Sánchez, que coa Igrexa topamos. Ninguén o fixo e as xestións foron un fracaso.
Aínda que o cardeal Reginald Pole, contemporáneo de Maquiavelo, afirmara que O príncipe fora escrito coa man de Satanás, certas actuacións das autoridades eclesiásticas son perfectamente maquiavélicas, e nos enterramentos en sagrado temos un claro exemplo. O Código de Dereito Canónico promulgado pola Autoridade do papa Xoán Paulo II, en 1983, di ao respecto: <Non se deben enterrar cadáveres nas igrexas, a non ser o do Romano Pontífice ou, en igrexas propias, os de Cardeais e Bispos diocesanos, mesmo eméritos>. Faltou unha nota para advertir que habería manga ancha porque templos de toda España acollen a mortos de primeira, selectos e de calidade suprema. En xuño de 2001 o suplemento Crónica do xornal El Mundo informaba de que, ademais das familias con privilexio adquirido no pasado, a arquidiócese de Madrid optara por crear, a cambio de diñeiro, unha nova aristocracia funeraria de familias con grandes fortunas. As doazóns –nestas transaccións as palabras prezo, venda, pago, non existen- ían das 400.000 pts. por un columbario na igrexa de San Martín, aos 20 millóns por unha tumba na Almudena. Por algo Maquiavelo eloxiara a avaricia e a cutrería dos príncipes.
E o maquiavelismo da familia ao sacar o Caudillo do Val para levalo á Almudena? Se lles sae ben, a xogada será perfecta, a non ser por un detalle: o día da resurrección, na vez de se atopar coa dona –triste e soa nunha cripta do Pardo-, Franco vaise dar de fociños co xenro, o marqués de Villaverde; e nin Maquiavelo, que gabou <o bo uso da crueldade>,  xustificaría tal atrocidade.